Inauguración da exposición Carlos Casares e a fotografía, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

Gustavo Garrido, Manuel Baltar e Xabier Casares
Inauguración da exposición Carlos Casares e a fotografía, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

A mostra estará aberta ao público ata o 5 de abril

A exposición Carlos Casares e a fotografía está exposta no centro Cultural \“Marcos Valcárcel\” da Deputación de Ourense. A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril no Centro Cultural \“Marcos Valcárcel\” da Deputación de Ourense.

A presentación da exposición tivo lugar hoxe e contou coa presenza de Manuel Baltar; o presidente da Fundación \“Carlos Casares\”, Javier Casares; o comisario da exposición, Gustavo Adolfo Garrido; e o director do Centro Cultural, Francisco González.

Esta mostra supón a primeira exposición de fotos do universal creador literario galego na que podemos admirar a súa creatividade mediante a imaxe. Casares foi un absoluto coñecedor da palabra con máis de 10.000 páxinas escritas en todos os ámbitos literarios.

Pero, ademais da faceta literaria, Casares foi un verdadeiro entusiasta da fotografía. Nesta mostra pódense ver dúas partes da súa obra fotográfica: retratos e viaxes. Ao regreso das súas viaxes amosaba as súas numerosas fotografías comentando cada unha de elas.

O feito de que a exposición se inaugure no centro cultural é porque leva o nome do que foi un dos grandes amigos de Carlos, Marcos Valcárcel. En 2007 desenvolveu un simposio sobre a figura de Casares, un home comprometido coa súa terra, coa súa lingua e con todos os valores que representa a Ourensanía.