Un incendio arrasa unha vivenda en Baltar

casa1
Un incendio arrasa unha vivenda en Baltar

A muller que vivía na casa perdeuno todo

O lume comezou pasadas as 12h da mañá do sábado. As lapas orixináronse na cociña da vivenda e extendéronse con rapidez ó resto da casa que se atopa preto da igrexa de Baltar. Neses momentos a muller que vive nela non se atopaba no interior. Así as cousas ó enterarse da mala nova sufriu unha crise nerviosa, segundo informan dende Emerxencias 112, e tivo que ser trasladada ó centro médico.

O incendio afectou á primeira planta que ardeu por completo e ó tellado. Vivíronse momentos de tensión pois o lume ameazaba con propagarse ás propiedades do arredor. Finalmente os bombeiros de Xinzo conseguiron controlar as lapas e ás 16h da tarde dábase por finalizado o operativo.

Agora os veciños e veciñas de Baltar están axudando á muller que perdeu todo por mor do lume, mesmo están pensando en abrir unha conta no banco para colaborar coa causa.