O indie rock de Bestlife (under your seat) soará mañá na Corte do Bois

Best Life
O indie rock de Bestlife (under your seat) soará mañá na Corte do Bois
A cita con este grupo de mozos ourensáns que acaban de lanzar o seu primeiro EP será a partir das...

A cita con este grupo de mozos ourensáns que acaban de lanzar o seu primeiro EP será a partir das 22. 30 horas

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O grupo ourensán de indie rock Bestlife (under your seat) ofrecerá mañá un concerto a partir das 22.30 horas, na taberna-tenda de Sandiás, A Corte dos Bois. Este conxunto formado en 2009, conta con catro compoñentes Hugo Babarro, os irmáns Manuel e Jorge de Lorenzo e José Lameiras, e veñen de lanzar o seu primeiro EP titulado “Taking you back home”.

Todos os que se acheguen nesta noite de sábado ata Santa Ana atoparán unha formación cun estilo propio infundible, de coidada instrumentación e onde a importancia da melodía é o verdadeiro fío condutor. En definitiva, as guitarras eléctricas e unhas contundentes bases rítmicas son o selo de identidade de Bestlife (under your seat).

Preme aquí, se queres ir abrindo boca e empezar a desfrutar dos temas de Bestlife (under your seat).