O Instituto Galego de Estatística realizará unha enquisa en Xinzo

logo_ige_2
O Instituto Galego de Estatística realizará unha enquisa en Xinzo

Será obrigatorio facilitar os datos que sexan requeridos.

Segundo informa o Concello de Xinzo nun bando da alcaldía recentemento pendurado, o Instituto Galego de Estatística realizará unha "Enquisa estrutural a fogares" entre os días 29 de maio e 18 de xuño.

Realizarase en cumprimento do Plan Galego de Estatística 2017-2021 e, segundo a lei, é obrigatorio facilitar os datos que sexan requeridos. Así mesmo, infórmase de que a información que o organismo público solicitará ás familias limiás é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.