Javier Silva recibe o recoñecemento a “toda unha vida” de traballo no Lusitano de Lobios

Javier Silva recibe o recoñecemento a “toda unha vida” de traballo no Lusitano de Lobios

O pasado luns entregábanse en Lalín os Premios de Gastronomía de Galicia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Javier Silva, dono do restaurante Lusitano de Lobios, recibía o luns o galardón “Toda unha vida” dentro dos Premios de Gastronomía de Galicia fallados o pasado luns en Lalín. Este epígrafe recoñece a labor daquelas persoas que como Javier, outorgaron unha dedicación especial ao longo da súa traxectoria vital á cociña en cada unha das catro provincias. Así os outros premiados foron: pola provincia da Coruña María Jesús Espiñeira, do Mesón de Hervés, en Carral; por Lugo, Francisco López, do Restaurante España e Carmiña Valverde, de El Mosquito vigués por Pontevedra.

Este 2014 cúmprese o vinte aniversario destes premios que naceron ao abeiro da Feira do Cocido de Lalín, e que buscan eloxiar aos profesionais que se distinguen na potenciación da cociña galega, a aqueles que máis contribúen na promoción dos produtos gastronómicos galegos e os que en definitiva dedican a súa vida á nosa gastronomía .

Preme aquí, se queres coñecer un pouquiño máis a Javier mediante o Café con... que Luis Veloso se tomou con el.

Noraboa Javier!