Laura Seara sobre o que cobra do Congreso "é unha indemnización por cese de actividad parlamentaria"

seara
Laura Seara sobre o que cobra do Congreso "é unha indemnización por cese de actividad parlamentaria"

A ex deputada da Limia, sinala que a cantidade de diñeiro que recibe do Congreso por un periodo de 4 meses, "púxose en marcha para deputados que non son funcionarios e non se incorporan de inmediato a súa carreira profesional, como avogados, arquitectos, periodistas ou autónomos".

Laura Seara apunta que a indemnización existe dende fai máis de 20 anos e ven dada polo cese de actividade parlamentaria, así figura na carta que enviou o Congreso a cada un dos deputados que se poden beneficiar da contía. Seara destaca que "non ten nada que ver con atopar ou non traballo senón coa situación laboral de cada un dos deputados que cesan".

Todo isto fai referencia á nova que saiu onte publicada nos medios de comunicación, sobre a paga mensual que van recibir ex deputados do Congreso e que cobrarán uns 2.800 euros ó mes. Entre eles catro galegos, Telmo Martín e Paz Lago polo PP de Pontevedra, Laura Seara do PSdeG por Ourense e Olaia Fernández do BNG por Pontevedra.

Así as cousas, Laura Seara quere deixar constancia que hai catro anos renunciou a unha indemnización por alto cargo cando cesou a súa actividade como secretaria de Estado de Igualdade . "Unha contía bastante maior que a otorga o Congreso, fun unha dos dous deputados que renunciamos a ela dende o principio", apunta.