sábado. 03.06.2023

Os amantes da literatura galega están de sorte. Este mércores, Día das Letras Galegas, os libreiros e libreiras da capital da Limia, colaborarán co concellor e máis a Fundación Carlos Casares na posta en marcha dunha feira do libro en galego durante todo o día.

Dende as 10:00 até as 21:00 horas, poderase mercar teatro, poesía, ensaio e narrativa de todo tipo na lingua de Galicia a un 10% de desconto.

Comentarios