Estas Letras Galegas os limiaos colgarán unha placa na honra do mestre Ángel Cocho

Estas Letras Galegas os limiaos colgarán unha placa na honra do mestre Ángel Cocho
Os seus fillos, José Ángel, María del Carmen e Federico estarán presentes nesta homenaxe que organiza a Concellería de Cultura REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter:...

Os seus fillos, José Ángel, María del Carmen e Federico estarán presentes nesta homenaxe que organiza a Concellería de Cultura

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas, Xinzo quere homenaxear este 17 de maio a Ángel Cocho Ferrero, quen dirixiu durante  máis de 20 anos o Colexio Santa Mariña. Con esta fin, contra as oito da tarde deste sábado, colgarase unha placa no auditorio da Casa da Cultura en presenza dos seus tres fillos: José Ángel, María del Carmen e Federico.

O colexio Santa Mariña foi para moitos veciños da vila e da comarca, durante máis dun cuarto de século, o referente educativo e cultural. Esta escola abriu a porta ao bacharelato a centos e centos de estudantes cando estes estudos superiores eran só privilexio daquelas familias que podían costear un internado en Ourense ou Vigo. Por esta razón, a Concellería de Cultura limiá decidiu organizar esta pequena homenaxe que terá coma broche final unha cea á que poderán asistir todos os que así ao desexen. Celebrarase nun restaurante da vila e o prezo será de 15 euros, así os interesados deberán inscribirse antes do venres pola mañá na Casa da Cultura, ou ben chamando aos teléfonos 988461442 ou  600 31 41 55.