De levarse a cabo a tala das árbores, non quedaría na provincia ningunha avenida con estas características

119
De levarse a cabo a tala das árbores, non quedaría na provincia ningunha avenida con estas características

Colectivos ecoloxistas e membros da plataforma organizaron e dirixiron as moitas intervencións

Esta foi unha das moitas afirmacións contrarias a tala das árbores da avd/ de Celanova que se puideron escoitar na mesa redonda que a recentemente constituída plataforma, Amigos das árbores da Limia, realizou na tarde do venres na casa de cultura de Xinzo.

PARTIDOS POLÍTICOS E GRUPOS ECOLOXISTAS

117Despois da intervención dos membros da mesa Tomas García, como moderador e XoséSantos en representación da plataforma así como representantes da Sociedade Galega de Historia Natural, Ríos Limpos ou Amigos da Terra, interviron os portavoces dos partidos da oposición de Xinzo (PSOE, BNG e Xinzo Adiante).

A plataforma había cursado invitación a o grupo de goberno para que alguén viñera a explicar o seu punto de vista, pero segundo indicou unha das portavoces da plataforma, o propio alcalde contestou que estaría disposto a recibir a persoa representante no Concello para ver o proxecto, cando estes quixeran.

Tódolos intervenientes dos grupos municipais manifestáronse a favor da realización das obras de acondicionamento, necesarias, pero todos se opuxeron a tala de tódalas árbores. Todos eles apuntaron a que ten que haber alternativas a levar a cabo sen ter que desfacerse destes árbores que xa son \“patrimonio do Camiño de Santiago\”

INTERVENCIÓNS DOS VECIÑOS E VECIÑAS PRESENTES

118Para finalizar a sesión informativa, tomaron a palabra dúas persoas veciñas da rúa, para afirmar categoricamente que elas están en contra total da tala.

A primeira afirmou que ela se trasladara a vivir a zona, precisamente por ser a rúa mais bonita que ten a vila e que de levarse a cabo o proxecto, pasaría a ser mais fea da contorna.

Outras das persoas que interveu, veciño da rúa, afirmou que el e mais o seu pai e os seus fillos levan paseando por entre as árbores moitos anos e que \“nunca habían sufrido ningunha agresión nin de follas, nin das propias árbores\”. Loxicamente ironizaba con respecto o argumento de que se cortaran por o risco que hai de accidentes na avenida.

Tamén houbo algún dos presentes que xa anunciou que el se encadearía aos plataneiros se intentaban cortalos.

Tódalas intervencións dos veciños e veciñas da vila presentes e que tomaron a palabra mantiñan a mesma postura con respecto ao proxecto.

Por último tomou a palabra un veciño que comentou a posibilidade aínda de recurrir o proxecto por algún defecto administrativo, que el consideraba que se vulnerou, no sentido de informes de patrimonio, segundo puidera pescudar esa mesma maña.

MAIS DE 2000 SINATURAS

No descorrer da sesión informativa comunicouse o número de sinaturas que ata a mesma tarde se recolleran na vila e que segundo os organizadores pasaba das dúas mil.

Para rematar presentáronse anainas das iniciativas a levar a cabo nos vindeiros días, entre as que se atopa a organización dunha andaina dende Viladerrei ata Xinzo, para coñecer o patrimonio natural con que conta o Camiño de Santiago da ruta da Prata e así recadar fondos para próximas actuacións.