Libros, flores e graffitis na honra de Rosalía

P1030843
Libros, flores e graffitis na honra de Rosalía
O día que conmemora o pasamento da poetisa celebrouse con moita arte no centro limiao que leva o seu nome REDACCIÓN redac@dendealimia.com O...

O día que conmemora o pasamento da poetisa celebrouse con moita arte no centro limiao que leva o seu nome

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O luns celebrouse o Día de Rosalía. Cada 24 de febreiro conmemórase o pasamento da que é a maior representante das nosas letras. Como non podía ser doutra maneira, no cole limiao que leva o seu nome quixeron homenaxeala. Así, desde o luns as paredes do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo locen os versos máis famosos da poetisa, desta vez escritos do puño e letra de tódolos alumnos.

A idea de  inmortalizar a obra de Rosalía nos muros, partiu da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que como cada ano propuxeron ademais, aproveitar a ocasión para mercar libros en galego e regalar flores. En Xinzo, a celebración concluíu coa visita ao centro da artista local Alicia Gómez, que se encargou de retratar con mestría á esta grande figura da nosa literatura.