A formación nacionalista denuncia que o Goberno non teña en conta a comarca nas súas medidas
REDACCIÓN
Compromiso de Galicia ven de denunciar un trato discriminatorio do concellos ourensáns e especialmente da Limia no reparto de axudas que aprobou o Goberno central polos danos producidos polo temporal. Pérez Bouza, coordinador en Ourense dos galeguistas afirma que os danos en varios concellos da provincia e de xeito especial nos comarca de A Limia, son cuantiosos tanto en bens privados coma en infraestruturas públicas, e a pesar diso o goberno non contempla a posibilidade de que se poidan acoller as axudas aprobadas.
Pola súa banda, Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos un dos concellos afectados, pensa que aínda estamos a tempo de correxir esta situación,como se fixo noutras ocasións e insta ao subdelegado do Goberno en Ourense, para que coordine as actacións que permitan que os concellos da provincia se poidan acoller a esa orde de axudas. O rexedor, que cifrou os danos en preto de 75.000 , presentou unha serie de iniciativas que considera que é preciso impulsar para solucionar este problema, iniciativas que pasan por instar á Subdelegación do Goberno a impulsar unha petición conxunta de tódolos concellos afectados da provincia, para facer presión política e que se acabe incluíndo aos municipios ourensáns afectados, entre os beneficiarios das axudas aprobadas. Do mesmo xeito, o alcalde de Vilar de Santos, tamén demanda que a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, aproben ordes de axudas complementarias á do Goberno Central para paliar os danos tanto en infraestruturas públicas coma en bens privados fundamentalmente relacionados coa produción agraria.