A Limia está en risco alto de incendio forestal

incendios
A Limia está en risco alto de incendio forestal

Case toda Galicia permanece en alerta ante a posibilidade de que se orixine lume nos montes

A consellería de Medio Ambiente ven de publicar o mapa que sinala os territorios que están en risco de padecer un incendio. A Limia aparece como unha das zonas catalogadas como extrema cun 81% de posibilidades de que se produzca un lume nos montes nestes días.

As altas temperaturas que se rexistran nas últimas semanas e a falta de limpeza nos montes son factores que axudan á proliferación de incendios os cales na súa maioría e segundo a Xunta, son intencionados.

As autoridades piden a colaboración da cidadanía para evitar lumes nos montes galegos e ante calquera movemento sospeitoso solicitan que se lles informe. Con tal fin existe un número de télefono que é o 085 para dar calquera información sobre os lumes e é de balde.