Un limiao entre os afectados polo abandono dun guía a un grupo de españois en Las Vegas

abandono
Un limiao entre os afectados polo abandono dun guía a un grupo de españois en Las Vegas

Prometían ser unhas vacacións inesquecibles e ó final así será pero polo mal que comezaron. Un grupo de 27 persoas viaxou a Los Ángeles, entre eles atopábase un veciño de Baronzás, José Manuel Barge que exerce como profesor na Limia.

Unha vez que aterraron tiñan por diante 16 días de ruta pola Costa Oeste pola que pagaron 3.390 euros. A aventura comezou cunha visita ó Gran Cañón do Colorado na que os viaxeiros xa sospeitaban que algo raro pasaba, pois tan só puideron estar na zona 20 minutos. De volta ó hotel tiveron que atravesar o deserto cunha chuvia intensa e nun vehículo ó cal non lle funcionaban os limpaparabrisas e carecía de medidas de seguridade.

Tras pasar unha viaxe tensa cando chegaron ó hotel descubriron que o seu guía os abandonara e tiveron que pagar unha cantidade de diñeiro pola estancia que nun principio, xa lles ía incluída na viaxe. Sorprendidos polos feitos preguntáronlle ó novo guía que sucedía e este comentoulle que o anterior quedárase con todo o diñeiro.

A historia continuou cando se enteraron de que o guía que os abandonou alegou que padecía unha crise de ansiedade e foi visto xogando ó bingo por outros compañeiros.

Os viaxeiros puxéronse en contacto coa axencia de viaxes "Temps d'Oci Viatges" de Barcelona, que polo momento decidiron gardar silencio. Desesperados pola situación recurriron ó Consulado e puxéronse en contacto coa secretaria do cónsul xeral de España.

Tras horas de angustia e vivir momentos de surrealismo puro, conseguiron un novo guía e puideron continuar coas súas vacacións.