lunes 25/10/21

Os limiaos degustaron unha “macedonia musical atlántica” da man de Óscar Ibáñez e a Tribo

O gaiteiro pontevedrés ofreceu un sábado un concerto na vila dentro dos actos do XXV aniversario da Banda de Gaitas...
IMG_2054

O gaiteiro pontevedrés ofreceu un sábado un concerto na vila dentro dos actos do XXV aniversario da Banda de Gaitas de Xinzo

REDACCIÓN

[email protected]

Unha “macedonia musical atlántica” iso foi o que ofreceu o gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez xunto cos seus compañeiros da Tribo ao auditorio que se achegou a escoitalo o sábado na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Esta curiosa definición representa á perfección a orixe das melodías interpretadas neste acto, que se encadra dentro das celebracións do XXV aniversario da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia.

O repertorio de Ibáñez namorou ata aos máis novos que ocuparon os primeiros lugares do auditorio. Pero sen dúbida, un dos momentos máis álxidos do espectáculo chegou cando parte dos membros da Escola Municipal de Gaitas se uniu ao artista para interpretar a muiñeira de Chantada. As músicas interpretadas no concerto son froito de moitos anos de traballo e investigación, sobre todo en Sudamérica, de onde Ibáñez importa melodías para fusionalas despois cos ritmos galegos de agora e de sempre.

Comentarios