LIMISI, o CDR O Viso e Cruz Vermella celebran xuntos o Día Internacional do Voluntariado

BORRADOR_CARTAZ_DIA INTERNACIONAL_VOLUNTARIADO_5-12-17
LIMISI, o CDR O Viso e Cruz Vermella celebran xuntos o Día Internacional do Voluntariado

Realizaranse unha serie de actividades na Praza Maior da vila co obxectivo de poer en valor a participación voluntaria.

O vindeiro martes, día 5 de decembro, a Cruz Vermella de Xinzo de Limia, xunto con LIMISI Diversidade Funcional e o CDR O Viso, celebrarán conxuntamente o Día Internacional do Voluntariado. As tres organizacións decidiron celebrar a xornada e recoñecer a participación voluntaria de persoas que colaboran solidariamente na vila de Xinzo e en toda a comarca da Limia.

Na mañá dese día realizaranse unha serie de actividades na Praza Maior da vila, co obxectivo de poer en valor a participación voluntaria de persoas en labores sociais ou doutra índole.