Luis M. Gil, deixa o escano de concelleiro en Xinzo

Luis M. Gil, xurando o cargo ao comezo desta última lexislatura
Luis M. Gil, deixa o escano de concelleiro en Xinzo

Despois de dúas lexislaturas e media, por motivos persoais.

Mañá pola maña, será oficial o abandono da política activa como concelleiro do PP en Xinzo do concelleiro que na anterior lexislatura tivo nas súas mans case que todo o poder, sendo concelleiro de deportes, cultura, festexos, xuventude... sendo tamén o responsable directo da organización dos actos do día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares, que tantos eloxios tivo dende a Academia e dende a Xunta.

O CONCELLEIRO MELLOR VALORADO POLOS OUTROS GRUPOS QUE AGORA FORMAN O GOBERNO CUATRIPARTITO

Despois de perdida a maioría absoluta e pasando o seu partido a ser oposición, nunha intervención de membros do equipo de goberno eloxiaron publicamente a dedicación, o esforzo e o traballo levado na anterior lexislatura por Luis Miguel.