O luns abre a matrícula para os cursos das Piscinas Climatizadas de Xinzo

Paso peons pavillón-piscina
O luns abre a matrícula para os cursos das Piscinas Climatizadas de Xinzo

Así o informou a Concellería de Cultura, Festexos, Deportes e Xuventude.

O vindeiro luns, día 28 de agosto, abrirá o prazo de inscripción para os diversos cursos que todos os anos se imparten nas instalacións das Piscinas Climatizadas do Concello de Xinzo de Limia.

Comeza a tempada 2017-2018.

Os interesados e interesadas en se inscribir a estes cursos de cara á tempada de formación 2017-2018 –para nenos e adultos– poderán facelo achegándose a partir do luns á recepción das instalacións.