O luns día 15 abren as piscinas Municipais de Xinzo

IMG-20150614-WA0003
O luns día 15 abren as piscinas Municipais de Xinzo

Nesta primeira semana dende as 16:00 ata as 21:00

As piscinas Municipais abrirán as súas portas a partir de mañá luns día 15, sendo as primeiras que o fan na provincia dende fai catro anos.

Nos últimos 15 dias ós operarios do concello estiveron poñendo en marcha os mecanismos para que este luns poidan abrir as súas portas a partir das 16:00 durante esta primeira semana.

A partir do próximo sábado a súa apertura será dende as 12:00 ata as 21:00.

Como en anos anteriores a xestión das mesmas foi encargada a firma especializada SAUDETER.

Os precios que rexirán serán os mesmos dos anos pasados. Nas oficinas do Concello habilitarase unha oficina para expedir os carnets para toda a tempada de verán.