Luz verde a comisión do Entroido 2018

483
Luz verde a comisión do Entroido 2018

28 persoas compondrán a comsión do Entroido 2018

Sete serán as subcomisións que se repartirán a organización do Entroido do ano que ven nas cales se repartiron as 28 persoas que formarán a comisión.

A primeira delas será a Musical que estará integrada por 9 persoas, a mais numerosa e a que se encargará de buscar as orquestras e as charangas.

O apartado de Decoración estará integrado por seis membros .

Actividades paralelas e Desfile conta tamén con 4 membros .

Tamén catro membros serán os encargados da Publicidade, Promoción e comunicación. Esta subcomisión será a que primeiro se poña a traballar, para presentar as súas propostas de cartel este mesmo luns.

A seguinte subcomisión mais numerosa será a de Finanzas que se encargará entre outras cousas da desagradable labor de recadación polos negocios e hostalaría. Os membros que se dedicarán a este tema contan, segundo se manifestou na reunión, cunha axuda moi valiosa da recente formada asociación Pro Limia.

Os outros membros repartironse entre a de Atraccións e Limpeza

AS DECISIÓNS SERÁN POR MAIORÍA NA COMISIÓN DOS 28

Outra das decisión que se tomaron na tarde noite do mércores e a referida a que as subcomisións presentarán as súas propostas na asemblea xeral onde están os 28 coordinados polo concelleiro e o técnico de Cultura, Alfonso, tendo que ser aprobadas por maioría.

A proposta do Concelleiro de Cultura,Carlos Gómez, sendo aprobada por todos os asistentes, as persoas que non asistan regularmente as reunión programadas, poderán ser apartadas das subcomisións e polo tanto da comisión xeral organizadora.

SETENTA MIL EUROS

O Concelleiro anunciou que a achega do Concello, rodará os setenta mil euros, aos que haberá que engadir a cantidade recadada nos negocios e outras accións calesqueira da comisión, que darán como resultado un incremento do presuposto.