Macrofesta e gala solidaria en Xinzo de Limia

IMG_5485
Macrofesta e gala solidaria en Xinzo de Limia

Son moitos os negocios da Limia implicados nesta gala de Studio 54.

Este domingo, 25 de xuño ás 20:00 horas, o Pavillón Municipal de Xinzo de Limia abrirá as súas portas á gala solidaria de Studio 54.

Manu Varela e Paco Gallego presentarán a gala como convidados especiais.

Manu Varela e Paco Gallego presentarán a gala como convidados especiais. Todos os beneficios recadados irán destinados á Asociación LIMISI Diversidade Funcional, Boa Vida Inclusión Activa, Fundación Amigos de Galicia, CDR O Viso e Adóptame Lodoselo. Os organizadores deste macroevento son Fusion Fitness coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.

Haberá moita boa música da man da cantante limián Aneu –representante de Ourense Sur no Luar–, Xurxo Seara e a Agrupación Musical da Limia entre moitos outros. Tamén haberá mesas e mercadiños das asociacións así como tendas e cafetería solidarias.

A entrada a "Studio 54" aboarase mediante depósito de roupa en bo estado, alimentos, produtos de hixiene ou tapóns.