Máis de un 1.300.000 € por un boleto de 10

Raquel, Lucía, Sali, Mónica e Estrella no momento da celebración
Máis de un 1.300.000 € por un boleto de 10

O boleto foi selado no Villasana

Parece que o Eroski, vai ter que buscar traballadoras polo menos por 15 días.

Raquel, Lucía, Sali, Mónica e Estrela son amigas dende fai moitos anos, e cando os seus turno de traballo (catro son traballadoras de Eroski) llo permite reúnense para tomar un café, falar das súas cousas e este martes tamén se lles ocorreu poñer 2 euros cada unha para a bono loto.

Onte as 9 da noite a responsable da administración de loterías do Villasana avisou por telefono a Sali para preguntar si tiñan elas a combinación gañadora, que sospeitaba que foran elas as agraciadas con máis de 1.300.000 de euros.

En canto remataron algunha delas o turno de traballo xuntáronse na administración para comprobar que era certo e loxicamente comezar a celebración.

Como sempre ocorre nestes casos os cartos para tapar buratos e algo máis.

Todas van tapar algúns buratos aínda que confesan que tamén se van a dar algún capricho.

IMG-20221218-WA0113 modificada3
Raquel Lucía e Sali

A máis xenerosa parece ser Estrella, que polo que afirma que quere facer, pouco lle sobrará.

Mónica vai pedir unha excedencia no Eroski, comprar unha auto caravana e facer km pola xeografía adiante.

Lucía quere comprar un “deportivo”...se chegara para un Ferrari...mellor.

Estrella vaise encargar que este ano Ganade teña as mellores festas da contorna.... Panorama, París de Noia e se chega...Tanxugueiras.

IMG-20221218-WA0113 modificada4
Mónica e Estrela

Sali sempre tivo entoxo dunha mascota exótica aínda que pensará por cal se decanta

O que si teñen claro e que terán que seguir a traballar ata que “Sanchez” decida que xa é hora de coller a xubilación, que polo momento ningunha delas desexa.

Pola nosa parte, desexarlles moita sorte e agradecerlle que contaran con dendealimia para dar a noticia e non esconderse, como sole ser habitual nestes casos.