Máis de 1.300 alumnos e alumnas do concello incorporáronse hoxe ás aulas por primeira vez sen restricións dende que comezou a pandemia

Visita ao Rosalía de Castro
Máis de 1.300 alumnos e alumnas do concello incorporáronse hoxe ás aulas por primeira vez sen restricións dende que comezou a pandemia

A alcaldesa, Elvira Lama, visitou os dous CEIP e a escola infantil A Galiña Azul de Xinzo e plantexou novas actuacións de mellora

Os patios dos colexios volveron esta mañá a encherse de vida. Ao longo da xornada arrancou o curso escolar en Xinzo de Limia para máis de 1.300 nenos e nenas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. É a primeira vez que volven ás aulas sen restricións dende que comezou a pandemia e os rostros sen máscaras volveron a amosar a ilusión dun gran día. A alcaldesa, Elvira Lama, e os concelleiros Alberto Martínez e Manuel Pérez visitaron as instalacións da escola A Galiña Azul, que iniciou a actividade en setembro pero continúa co período de adaptación, e os CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares. Apoiaron aos escolares no inicio desde novo curso e plantexaron novas actuacións para mellorar as instalacións.

Carlos Casares(1)
Visita ao Carlos Casares

A matrícula de alumnado mantense nos centros de Educación Primaria, onde a día de hoxe aínda están a recibir solicitudes de matrícula. A rexedora, Elvira Lama, celebrou que esta volta ás aulas poida facerse como se recordaba antes da pandemia: “É unha gran alegría ver aos nenos e nenas e aos profesores sen máscara, sen grupos burbulla e abrazándose”.

Está previsto que a alcaldesa visite mañá os centros de Secundaria do concello para dar a benvida aos alumnos e alumnas.

A Galiña Azul(1)
Visita á Galiña Azul