Máis de 300 hectáreas calcinadas no Xurés, e o monte segue en chamas

Rosa Veiga. EUROPA PRESS
Máis de 300 hectáreas calcinadas no Xurés, e o monte segue en chamas
 A Xunta da por estabilizado un lume que está tendo o forte vento e a vexetación seca como principais aliados...

 A Xunta da por estabilizado un lume que está tendo o forte vento e a vexetación seca como principais aliados

 REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

As terras do Xurés languidecen ao paso das chamas que xa levan arrasadas máis de 3oo hectáreas e o corazón de todos os veciños. Á tardiña de onte, a Xunta de Galicia daba por estabilizado este lume que se iniciaba o pasado martes entre as aldeas de Alvite e Prado, no termo municipal de Muíños. A loita sen cuartel que libran arestora dous hidroavions do Ministerio de Medio Ambiente, o helicóptero con brigada que ten base en Toén, 11 brigadas máis, dous Grupos de Emerxencias Supramunicipales (GES), duas palas bulldozer e oito axentes forestais, complicase cada vez que o forte vento decide soprar. Unha pelexa corpo a corpo contra o elementos, que a seca vexetacion non fai mais que empeorar.

As tareas de extinción acababan a cornada de onte coa caída do sol nunha zona rocosa, na que se alternan piñeiros e carballos e na que a ausencia de cortalumes fai o acceso as lapas moi difícil. Segundo publicou Europa Press, ás 22 horas do martes a situación estaba case controlada, pero en palabras dun dos integrantes do GES, "un fortísimo vento cambiou de dirección de forma continua, o que favoreceu a expansión do incendio en todas direccións chegando a constituír un cordón de centos de metros, entre rocas e árbores".

Preto das casas 

O lugar de Pazó observou de madrugada como o lume detíñase a apenas uns poucos metros dalgunhas casas, separadas da destrucción unicamente polo camiño que os vecinos empregan para sacar o gando a pastar. O alcalde de Muíños , Plácido Álvarez indicaba en declaracións  á axencia de noticias que os piñeiros e carballos dos montes comunais de Prado e Rampante que sucumbiron as lapas, estaban a punto de ser cortados polo que supoñen "unha grande perda económica". O rexedor laiábase de ter que "ser noticia en pleno mes de decembro por algo así", pero tamén recoñeceu que "está claro que desalmados hai sempre e en todas partes".

Orixe e causas do lume  

Plácido Álvarez non albergaba desde o inicio do incendio ningunha dúbida de que este fora provocado, e outras voces veñen agora a unirse ao rexedor nesta teoría. Entre elas, a do presidente de Ríos Limpos e axente forestal do servizo publico de extinción, Xose Santos que lle contou a Europa Press que os incendios das serras galegas, no Xurés, en Pena Trevinca ou no Macizo Central en xeral, "foron xa estudados e clasificados como lumes-pastos pola relación causa-efecto que leva aos seus autores a provocalos". "Hoxe, Fiscalía, Seprona e todos o saben", asegurou. Ademais, nun outono coma este é moi fácil que o lume prenda debido as xeadas e a seca, polo que é o "momento ideal para os que pensan en queimar o chan para conseguir mellor pasto".