Recolleunas a Plataforma de defensa deste órgano que xa avalía a convocatoria dunha mobilización popular
REDACCIÓNTwitter: @Dendealimia
Máis de 3000 sinaturas recolleu xa a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo en contra da supresión do xulgado da vila. O pasado sábado, con motivo da feira comarcal, reuníronse preto de 700, unhas cifras que levan aos representantes deste colectivo a asegurar que o goberno debe deixar de facer oídos xordos ás demandas cidadás e retirar o Anteproxecto de Lei polo que se suprimen os Partidos Xudiciais.
Despois de todo o apoio recibido en forma de sinaturas, a Plataforma reunirase o vindeiro mércores 18 de xuño ás 20 horas na Casa da Cultura para avaliar a oportunidade de convocar unha mobilización popular contra a supresión dos Xulgados de Xinzo de Limia.