Máis de 830.000 euros para coidar do Limia

IMG-20131028-WA0004
Máis de 830.000 euros para coidar do Limia
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil ten doce meses para levar a cabo as obras de acondicionamento do río do Esquecemento ao...

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil ten doce meses para levar a cabo as obras de acondicionamento do río do Esquecemento ao seu paso por Xinzo

REDACCIÓN

O maltratado río Limia recibirá os coidados da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que ten previsto executar obras para a mellora do seu dominio hidráulico e da súa capacidade de desaugue, principalmente ao seu paso pola zona urbana de Xinzo de Limia. Todo isto cun orzamento de 837.347 euros.

O pasado luns, o rexedor limiao Antonio Pérez e o presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, Francisco Marín, asinaban o convenio de colaboración na Casa do Concello de Xinzo. Para este acto estiveron acompañados polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o presidente da Deputación, Jose Manuel Baltar, e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.

As actuacións programadas para mellorar a saúde do río comezarán pola limpeza e desbroce das marxes, centrándose sobre todo na eliminación daquelas especies cun mal estado fitosanitario e as invasoras. Mimaranse así mesmo as ribeiras debilitadas, con técnicas de bio-enxeñería e revexetación.

A labor da Confederación Hidrográfica peinará desde a pasarela peonil que da acceso ás pisicinas municipais, ata a ponte do Bouzo, facendo incursións tamén no entorno da depuradora e na zona do Mato. Ademais da recuperación ambiental, o proxecto inclúe tamén a construcción dunha nova pasarela e unha apliación da ponte do Bouzo.