Máis de mil firmas para conservar as dúas enfermeiras en pediatría no PAC de Xinzo

sinaturas
Máis de mil firmas para conservar as dúas enfermeiras en pediatría no PAC de Xinzo

A entrega fíxose da man do PSOE e veciños da Limia

A deputada provincial e Voceira Socialista no Concello de Xinzo, Elvira Lama, acompañada por varias veciñas , da Concelleira socialista Eva Oro, así coma da Deputada Autonómica Noela Blanco, presentaron ante o Rexistro do CHUO máis de 1.800 sinaturas para reclamar que non se deixe sen unha enfermeira ao servizo de pediatría de Xinzo.sinaturas

Os socialistas sinalan que non cesarán ata que a Area de Xestión Integrada de Ourense reconsidere a súa decisión e manteñan unha enfermeira para cada pediatra. Elvira Lama mantén que "seguiremos animando ós usuarios, pais e nais, a que presenten reclamacións no centro ou outro tipo de accións no mesmo sentido para que, en ningún caso, se esqueza esta xusta reclamación".

Dende o PSOE queren deixar constancia de que o pleno aprobou por unanimidade unha moción para instar á Consellería de Sanidade,para que se manteñan estas dúas profesionais que atenden a tódolos menores de 14 anos da comarca da Limia.

Por todo isto e a través das sinaturas recollidas, esíxenlle ó Sergas que mude a súa decisión e que garantan así a calidade da sanidade no centro de saúde de Xinzo.