O lume que asedia esta parroquia limiá permanece controlado desde medianoite
MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO
Despois dunha semana negra para os montes da provincia, de largas noites de medo e desasosego para os veciños desde Velle a Cualedro, o lume chegou a Xinzo. Fíxoo de repente e ven pretiño das casas, na parroquia de Seoane de Oleiros, polo que as autoridades víronse obrigadas a activar a alerta. A iso das tres da tarde de onte, divisábanse as primeiras lapas, e o balance provisional da Consellería de Medio Rural é arestora, de máis de 20 hectáreas calcinadas. O respiro para os sufridos residentes chegaba ás doce desta madrugada, grazas aos traballo de 3 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas, 2 palas, 10 avións e 3 helicópteros que conseguían para esa hora, controlar o lume.
Unha dura noite para os habitantes de Seoane, que ao comprobar que se lles achegaban as lapas, foron os primeiros en combatelas con xestas e caldeiros de auga. Recoñecen que levaron un susto moi grande, e que a tensión foi máxima. Tanto os veciños coma o rexedor limiao están convencidos, de que estes incendios non son froitos da casualidade, aquí plantáronlle aseguraba resolto un veciño da parroquia.
A responsable de Medio Rural, Rosa Quintana asegurou aos medios, que está en trámite a modificación do código penal para que se poidan aumentar as penas e castigos destes delincuentes. A Xunta de Galicia non parará, ata que o peso completo da lei caia sobre eles, sentenciaba a conselleira en declaracións á Televisión de Galicia.
No entanto, toca agardar mentres os equipos de extinción continúen coa súa labor e consigan finalmente, apagar este lume o máis rápido posible.