A “mal chamada” Torre de Pena, loce unha nova faciana
Remataron os traballos de escavacións, desabroches e descubrimentos de novas partes da estrutura
Os traballos levados a cabo consistiron en tres piares, como explicou o director do proxecto. Escavación arqueolóxica, consolidación limpeza, acondicionamento e sinalética por un importe de un cuarto de millón de euros aportados na súa totalidade pola Xunta.

En todas as tarefas se lograron descubrir cousas inéditas e impensables do asentamento no que participaron un grupo de máis de 20 profesionais de diferentes ramas.
Israel, primeiro responsable dos traballos levados a cabo na fortaleza, membro da empresa ACITANIA, presentou esta mañá a un nutrido grupo de persoas (case un cento) o final dos traballos realizados en torno a “mal chamada” torre de Pena, que comezaron no mes de novembro e remataron esta semana.
Israel foi debullando ao longo da súa explicación, non solo partes da historia deste monumento que data do 1.200, se non, e sobre todo, a parte dos traballos levados a cabo para que o “Castelo de Pena”, luza esta nova faciana, que puidemos comprobar esta mañá.
Israel invitou a que todos os que a coñecían dos últimos anos, a partir dos traballos levados a cabo anteriormente, se acheguen a ver o monumento, que van a quedar gratamente sorprendidos.

NUNCA MÁIS, TORRE DE PENA
Tamén fixo unha petición a cidadanía consistente en que a partir de agora, tal e como quedou demostrado, se lle chame o Castelo de Pena, cuestión que coas últimos estudios arqueolóxicos quedou plenamente demostrado, que a torre era parte do Castelo.
Tamén pediu aos visitantes que coiden o monumento, no sentido de non deixar nada que traïamos ao subir a vela. Durante as tres ultimas semanas tiveron que retirar cada unha delas bolsas de lixo que a xente ía deixando, incluídos plásticos de envoltura de xamón de merenda dos nenos.

