O mal estado dalgunhas estradas secundarias da Limia causan enfado entre a veciñanza

estradas
O mal estado dalgunhas estradas secundarias da Limia causan enfado entre a veciñanza

O certo é que as estradas nacionais e secundarias parece que están olvidadas polas administracións. Moitos veciños e veciñas están cansos de solicitar que se arranxen os viais e a cambio non ver resposta.

Un destes casos é o da estrada que una Pidre con Pena. O mal estado do firme é visible a simple vista. Grandes buratos na calzada que dificultan o paso dos vehículos e que poden causar danos nos mesmos pois non están sinalizados.

. pidre

Así as cousas o perigo non é só para os que conducen un coche. Moitas veciñas e veciños da contorna pasean a miúdo por este tramo que como se ve nas imaxes está moi danado.

A veciñanza non entende a deixadez do Concello e esixen que tomen medidas canto antes.

Máis curioso é o caso da estrada que une Vilaseca con Abavides. Decidiuse pintar as liñas que delimitan os dous carrís antes de arreglar os cuantioso buratos que presenta o firme.

vilaseca

Os usuarios da estrada amósanse incrédulos ante estes feitos pois no momento no que a administración competente arranxe o vial, as liñas deberán ser de novo pintadas o que se traducirá nun doble custe para as arcas públicas.

Entre tanto, o tramo está en mal estado e as e os condutores extreman as medidas de precaución para evitar accidentes.

Molesta, así segue a veciñanza de Rebordechá, Paredes, Moreiras, Faramontaos e Casás. Levan dende novembro agardando que se pinten as liñas para delimitar ambos carrís na estrada de Cualedro.

estradas mal

Denunciaran neste xornal os feitos ante o temor de sufrir accidentes por mor das choivas e a néboa, sobre todo nos meses nos que se facía antes de noite.

Agora en pleno mes de abril, as condicións do vial seguen sendo as mismas que hai seis meses.