Unha mañá diferente mimando ao Rosalía de Castro

Brigada de Limpeza Rosalía
Unha mañá diferente mimando ao Rosalía de Castro
Pais, alumnos e profesores reunironse o sábado para levar a cabo a limpeza do patio do centro REDACCIÓN O patio de xogos...

Pais, alumnos e profesores reunironse o sábado para levar a cabo a limpeza do patio do centro

REDACCIÓN

O patio de xogos do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia pedía unha limpeza a berros. Ante esta situación e a desatención das autoridades competentes, a ANPA do centro conseguía reunir o pasado sábado a preto de sesenta pais e nais, que xunto aos seus pequenos, os profesores e o persoal non docente, decidían dedicarlle á escola unha mañá do seu descanso.

Os resultados foron marabillosos, o recinto quedou impecable e coa folla recollida elaborarase un compost que abonará a horta da escola. Maiores e cativos compartiron unhas horiñas de traballo e compromiso, pero tamén de risas e diversión, que tiveron como consecuencia que o Rosalía de Castro mostrase unha aparencia fantástica.

Despois do duro traballo chegou o merecido descanso, no que compartiron almorzo e un ducia de doces diferentes que cada participante elaborara para a ocasión. Pola súa parte, os representantes da Asociación de Nais e Pais quixeron agradecerlle a participación a todos o presentes, nunha iniciativa que eles xulgan como "educativa e reivindicativa", e que aseguran será "a primeira de moitas outras co obxectivo de formar parte activa e necesaria do proceso educativo dos seus fillos".