Mañá hai feira en Xinzo de Limia

Feira 1
Mañá hai feira en Xinzo de Limia

Agárdase unha grande afluencia nesta feira debido ao grande número de visitantes.

Como xa anunciamos neste xornal dixital, mañá xoves haberá día de feira en Xinzo de Limia. A celebración desta feira adiantouse a mañá xoves, por mor de que non coincidira co Venres Santo.

Agárdase unha grande afluencia nesta feira debido ao grande número de visitantes que nestas datas vacacionais se atopan pasando uns días no concello de Xinzo e noutras vilas da comarca. Así mesmo, agárdanse ceos despexados e boas temperaturas, o que animará máis aos veciños a saír mañá á rúa a desfrutar da feira.