Maña, venres, a Casa da Cultura permanecerá pechada

fumigacion casa cultura2
Maña, venres, a Casa da Cultura permanecerá pechada

Esta tarde-noite persoal de Protección Civil está procedendo á limpeza e desinfección con máquinas de ozono de tódalas dependencias municipais.

Comunicado oficial do Concello a traves da súa conta de facebook.

Hoxe recibimos a confirmación do segundo caso positivo en COVID-19 entre o persoal municipal, que neste caso desempeñaba a súa labor na Casa da Cultura e en Servizos Sociais, sen que teña ningún tipo de relación co caso coñecido o martes.

fumigacion casa cultura1A confirmación tivo lugar este mesma tarde, logo de que os traballadores y traballadoras do Concello empezasen hoxe a facer as probas COVID-19 anunciadas onte pola alcaldesa, Elvira Lama, na comisión municipal de seguimento do coronavirus despois de aparecer o primeiro caso entre o persoal municipal.
Precisamente, todas e todos os traballadores da Casa da Cultura e Servizos Sociais están citados mañá para a realización destas probas nunha clínica da vila.
Ademáis, como consecuencia deste último positivo, está activado o protocolo de medicina preventiva, que irá citando aos contactos estreitos da persoa afectada para facerlle probas a maiores e realizar seguimento protocolario.

Maña, venres, a Casa da Cultura permanecerá pechada e as dependencias de Servizos Sociais atenderán exclusivamente por teléfono.

Desexarlle unha pronta recuperación a esta persoa e a todas as que están pasando por situacións similares.

Coma sempre, pregámosvos tranquilidade, precaución e prudencia.

Esta tarde-noite persoal de Protección Civil está procedendo á limpeza e desinfección con máquinas de ozono de tódalas dependencias municipais.