Mañá venres haberá outro pleno extraordinario

pleno dia 8
Mañá venres haberá outro pleno extraordinario

Levaráse a aprobación da corporación o expedente para declaración do Entroido como festa de Interese Internacional

O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, vén de convocar un pleno extraordinario da corporación municipal para este venres, día 30, ás 17:00 horas da tarde.

Nesta sesión plenaria prevese que se aprobe unha transferencia de crédito extraordinaria. Mais o punto realmente relevante desta convocatoria será a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico Internacional para o Entroido de Xinzo de Limia.

De facerse efectiva esta declaración, na que a institución municipal leva meses traballando, o noso entroido tería unha relevancia e publicidade moito maior alén das nosas fronteiras e ampliaríase o impacto desta celebración nos próximos anos.

A sesión plenaria, ao igual que todas, é aberta á veciñanza.