Manuel Cabas fala do proxeto estrela para Xinzo

IMG_7526
Manuel Cabas fala do proxeto estrela para Xinzo

Agradeceu a colaboración da Xunta, o esforzó do grupo de goberno, e o apoio do grupo do PSdG-PSOE neste proxeto que ahora se pon en marcha

O alcalde Manuel Cabas referiuse no seu discurso que a liberación do tráfico pesado, foi unha das principais reclamacións dos veciños e empresarios do noso concello. Despois do traballo levado a cabo polo goberno local, hoxe materializase este convenio que será un paso máis de cara o desenrolo da capitalidade da Limia, mellorando a mobilidade e humanización da vila.

IMG_7496Con esta actuación, continuou o alcalde, converteremos a avd. de Celanova nunha moderna travesía urbana. Non poderemos esquecer a importante actuación das pistas que serán no futuro a circunvalación de Xinzo, e por suposto a pavimentación das beirarrúas da avd. de Madrid. Esta última actuación, témolo que agradecer a Conselleira aquí presente, por acéptalo a última hora.

Estas actuacións permitirannos iniciar o Xinzo do futuro , polo que dende toda a corporación Municipal, queremos agradecer a colaboración imprescindible da Xunta de Galicia, aquí representada polo seu Presidente Sr. Feijóo.

Rematou a súa intervención dicindo que coñecemos as carencias de Xinzo e polo tanto perseveraremos no empeño e vontade de seguir na mesma liña de continuar mellorando e seguiremos traballando por Xinzo para o seu desenrolo económico e social, convencidos de conseguilo coa colaboración da administración Autonómica.