Manuel Mandianes asinou libros na praza maior e falou sobre Filgueira Valverde

Público asistindo a presentación de Filgueira Valverde
Manuel Mandianes asinou libros na praza maior e falou sobre Filgueira Valverde

Os membros do grupo de teatro ANEIS leron un conto no día das Letras Galegas

Grupo aneis letras galegas

Como estaba previsto a libraría GALAICA de Xinzo, instalou un posto na Praza Maior de Xinzo para ofertar con descontos libros no día das Letras Galegas.

No posto atopábase o recoñecido antropólogo e escritor Limián Manuel Mandianes, o cal no solo aproveitou para asinar algún dos seus libros que estaban a venta, se non que tamén se ofreceu para falar do escritor homenaxeado este ano Filgueira Valverde.

Mandianes coñeceu persoalmente a D. Xosé na súa época de estudante da universidade Sorbona de París, e tendo que facer un traballo sobre Galicia, recomendáronlle que visitara ó hoxe homenaxeado.

Sendo un mozo(Mandianes) desprazouse ata Pontevedra para solicitar a colaboración do escritor. A colaboración resultou fructifica, así coma a súa amizade dende aquel día.

A tarde no auditorio da Casa de Cultura a Agrupación Musical da Limia, ofreceu un concerto homenaxe a Galicia, co que remataron os actos do día das Letras GalegasAgrupacion musical da limia.