Unha marea de éxitos para 9 Ondas

Simone Saibene e Álex Álvarez durante a tertulia co público.
Unha marea de éxitos para 9 Ondas
A película que por motivos técnicos estreouse un día despois do previsto en Xinzo está disfrutando de moi boa acollida...

A película que por motivos técnicos estreouse un día despois do previsto en Xinzo está disfrutando de moi boa acollida entre o público

REDACCIÓN

Os sempre recurrentes e nunca esperados, problemas técnicos impediron que a primeira largometraxe do director italo-ourensano Simone Saibene se estrenase no cine Gesma de Xinzo no día que estaba previsto, é dicir o pasado venres. Porén, este revés non impediu que un día despois, un bo número de limiaos se achegase a descubrir o misterio que esconde 9 Ondas, unha película que conta a historia dun home que perde a súa memoria tras beber auga dunha fonte nalgún punto entre Galicia e Portugal.

Á primerira proxección en terras do Limia, acudiron o director do filme e o compositor da banda sonora, Álex Álvarez que tras o visionado de 9 Ondas, interpretou o tema principal á guitarra.

Unha tertulia co auditorio puxo punto e final á sesión de cinema. Durante esta conversa cos creadores da película, os presentes tiveron á oportunidade de formular todas aquellas dúbidas que pudieran ter sobre o argumento, e expoñer ás súas intepretacións persoais. Entre as valoracións do público, destacan a gran calidade da fotografía e a interpretación do actor principal, Dario Merlini. O intérprete italiano, con non máis de 20 frases nos 96 minutos de filme, é capaz de transmitir á perfección á situación dun home que esqueceu quen é, e que intenta encontrarse de novo a si mesmo.

O cine Gesma seguirá exhibindo 9 Ondas durante toda esta semana, cada día ás cinco da tarde, para que todos os limiaos e non limiaos que o desexen, acudan a descubrir un pouco máis da comarca e da súa xente da man desta longametraxe.