Marta Díaz Nova, clarinetista de Xinzo, premiada en Belgrado

Marta Díaz, durante unha actuación na Casa da Cultura de Xinzo
Marta Díaz Nova, clarinetista de Xinzo, premiada en Belgrado

Estudou no CMUS de Xinzo

Marta Díaz Nóvoa, clarinetista formada no Conservatorio de Xinzo e actualmente alumna en Belgrado, acaba de conseguir o terceiro premio no prestixioso concurso Internacional Davorín Jenko de Belgrado.

Felicitacións dos seus profesores e da alcaldesa de Xinzo

Nas súas redes sociais o conservatorio acaba de publicar

Estamos tremendamente contentos de que o teu traballo, esforzo e amor polo clarinete, teñan recompensas tan importantes.

Tamén no seu perfil a alcaldesa Elvira Lama acaba de felicitar a Marta en nome de todos os veciños de Xinzo.