27 de julio de 2021, 22:03
O pleno deu luz verde por parte de todos os grupos a iniciativa para establecer como festivos locais para o 2022 o martes de Entroido e o día da patroa, Santa Mariña (18 de xullo).
Modificación das alineacións en Morgade e Baronzas
Todos os compoñentes da corporación local votaron a favor a modificación das aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Ganade, tal e como previamente se fixera en Morgade e Baronzás. Este último punto ten como obxectivo favorecer a construción de vivendas unifamiliares no rural e a expansión dos núcleos.