“Master class” ao alumnado de cociña do IES Lagoa de Antela

IMG_20200303_104737
“Master class” ao alumnado de cociña do IES Lagoa de Antela

A encargada de impartila foi Silvia Garriga xerente e socia de Nela Gourmet

O martes o alumnado do Ciclo de Hostalería del IES. Lagoa de Antela participaron de nunha xornada didáctica sobre a utilización e aplicación de excedentes de produtos de horta e froitas –cando están en sazón- na elaboración de MERMALDAS ARTESANAIS E CREATIVAS - naturais- nas que a froita e o froito é o principal protagonista e os azucres engadidos redúcense.

Marmeladas e cosmética natural dende o rural á túa casa

IMG_20200303_103924Dende o polígono de Cea, en San Cristobo de Cea, Nela Biosense e Nela Gourmet desenvolven unha serie de produtos de carácter natural e rural sostible como marmeladas creativas ou cosmética variada.
Nun mercado caracterizado pola masificación, Nela oferta ao público algo diferente ao habitual. En palabras dunha das socias desta empresa, Silvia Garriga, a idea das marmeladas “foi unha combinación de dúas cousas: unha presentación elegante e sabores diferentes que chamen a atención”. Na actualidade, Nela conta con 8 sabores no mercado: cinco doces, como pétalos de rosa, peras ao viño tinto ou figos con chocolate negro; e tres para combinar con salgado, como pemento ou berenxena.
Con botes chamativos, cadrados e diferentes ao habitual, o máis destacable é o colorido do produto que se atopa no seu interior. Por outra banda, o seu carácter natural, carente de conservantes ou colorantes, aporta un valor aínda maior, cada vez máis demandado pola sociedade. Ademais, como asegura Garriga, estas marmeladas “levan azucre pero o mínimo para que estean ricas, non levan exceso”. Así, a que menos leva ten un 16%, mentres que unha industrial conta co 50% de azucre, máis glucosa.

IMG_20200303_103906

Nesta liña xurdiu tamén Nela Biosense, unha idea nada a finais de 2016 para aproveitar os residuos forestais que se obteñen nas talas, podas ou limpeza de estradas. Mediante a destilación destes restos obtéñense aceites esenciais con principios activos beneficiosos para o coidado da pel. “Facemos cosmética como xabóns, champú sólido, bálsamos labiais, bálsamos rexenerantes e incluso un bálsamo calmante para picaduras de insectos”, afirmou a socia desta empresa, que leva 7 meses no mercado.

En canto á dificultade para desenvolver novos proxectos no rural, foron moi poucas as que se atopou Nela para establecerse como empresa. Situados nun polígono de nova construción, o Concello axudou en todo o posible ao desenvolvemento desta iniciativa. Segundo Silvia Garriga, incluso recibiron axudas de cara á petición de subvencións polo que “estamos moi contentos nese sentido”.