Patricia F.S
26 de agosto de 2016, 15:50
A conta atrás para que a volta ciclista pase por Xinzo comezou. O pelotón estará atravesando a vila arredor das 14.47h.
Entre tanto a xente xa comeza a amontoarse nas zonas centrais como a Praza Maior. Pasadas a 13.15h do mediodía comezaron a chegar os vehículos de promoción das distintas empresas que participan na volta ciclista.
Moita xente quixo achegarse para facerse con algún dos agasallos que se repartiron.
Entre tanto o tráfico segue cortado pola N-525 ata as 15.30h.