Medio cento de Testemuñas de Xehová celebraron o aniversario da morte de Xesús en Xinzo

jehova
Medio cento de Testemuñas de Xehová celebraron o aniversario da morte de Xesús en Xinzo

Este domingo, día 16 ás 11 horas da mañá, o Salón do Reino das Testemuñas de Xehová de Xinzo de Limia acollerá un discurso sobre o pacifismo

O pasado martes, día 11 de abril, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu unha reunión da congregación limiá das Testemuñas de Xehová. Ao encontro, que tivo lugar ás 20:45 horas da tarde, acudiron medio cento de persoas para celebrar o aniversario da morte de Xesús –segundo o calendario lunar bíblico–. A entrada foi gratuíta.

Nos convites que as Testemuñas de Xehová repartiron aos seus membros e a outros veciños interesados, afirmaban que na reunión ían escoitar "unha explicación de como a morte de Cristo pode beneficialo a vostede e á súa familia".

As Testemuñas de Xehová son un grupo relixioso internacional que promove e practica unha interpretación primitiva do cristianismo.

Así mesmo, este domingo, día 16 ás 11 horas da mañá, o Salón do Reino das Testemuñas de Xehová de Xinzo de Limia acollerá un discurso sobre o pacifismo e a violencia no mundo.

As Testemuñas de Xehová son un grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Na actualidade contan con máis de 8 millóns de seguidores en todo o mundo.