Medio Rural destina contías para arranxar camiños municipais na Limia

xunta
Medio Rural destina contías para arranxar camiños municipais na Limia

Os Blancos, Sandiás e Xinzo de Limia son os concellos que gozarán destas axudas

A consellería de Medio Rural asinou cos rexedores de Os Blancos, Sandiás e Xinzo de Limia, un convenio de axudas para arranxar camiños municipais en mal estado.

No caso do concello de Os Blancos a contía económica ten como destino a mellora do firme en numerosos núcleos para o que recibirán un total de 59.852,69€.

Sandiás contará cunha achega de 17.494€ co fin de acondicionar o camiño de Piñeira cara o canal de Antela.

O concello que máis cartos recibe é o de Xinzo de Limia, un total de 100.000€ para a mellora de diversos camiños.

Os respectivos rexedores asinaron o acordo coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que se inclúe no Plan de Emerxencias da Xunta previsto para a mellora, arranxo e posta en valor dos camiños municipais.