domingo. 04.12.2022

O mellor contador de historias de Galicia podería ser de Bande

Catro mozos do IES Aquis Querquennis foron seleccionados para o certame “Tíralle da lingua” REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Catro mozos do IES Aquis Querquennis...
Tíralle da Lingua

Catro mozos do IES Aquis Querquennis foron seleccionados para o certame “Tíralle da lingua”

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Catro mozos do IES Aquis Querquennis de Bande foron seleccionados para participar na última fase do certame de relato oral “Tíralle da lingua”, que se celebrará o 24 de abril en Santiago de Compostela. Deste concurso sairá o mellor contador de historias de tódolos centros educativos de Galicia.

Esta competición que xa chega á súa XIV edición, valora o relato de historias que destaquen pola súa calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico, que ademais poder proceder da cultura popular ou literaria, ou ben ser de creación propia. Victoria, Óscar, Ares e Anabel representarán á Baixa Limia con historias e contos da tradición popular da comarca e monólogos baseados na actualidade.

Comentarios