O mellor viño de Galicia decidirase na Limia

Casa A Rousía
O mellor viño de Galicia decidirase na Limia
Casa A Rousía, en Baltar será a anfitrioa do concurso da Asociación de Sumilleres, Gallaecia REDACCIÓN A Asociación de Sumilleres de Galicia,...

Casa A Rousía, en Baltar será a anfitrioa do concurso da Asociación de Sumilleres, Gallaecia

REDACCIÓN

A Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia desprazarase os próximos días 2 e 3 de setembro ata o establecemento de turismo rural, Casa A Rousía en Baltar para decidir cales son os mellores caldos da comunidade, no Concurso de Viños e Augardentes de Galicia.

Trátase dun dos concursos máis consolidados a nivel nacional, e un dos que maior número de mostras cata, concretamente 150, todas elas a botella tapada e de mercado. Desta maneira, aseguran que o catado e premiado se corresponde co que o consumidor atopará no mercado.

Desde a pasada edición, o concurso busca dar pulo ao Turismo Rural de cada provincia galega, e desta volta escolleron Casa A Rousía, segundo a organización tamén coma “unha maneira de chamar a atención sobre unha das zonas máis castigadas polos incendios este verán”.

XVI aniversario de Gallaecia

Este ano o concurso que organiza a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia coincide tamén co seu XVI aniversario. Con motivo desta celebración, organizarase unha comida o día 3 de setembro,en Casa A Rousía. O acto central dos festexos será o nomeamento de José Manuel Rodríguez González, presidente do CCRR da D.O. Ribeira Sacra.

En Dende A Limia, seguirémolles informando deste evento de escala autonómica, que escolleu a Limia para a súa celebración.