Melloras no firme en varias rúas do Polígono Empresarial de Xinzo

panel polígono industrial Xinzo
Melloras no firme en varias rúas do Polígono Empresarial de Xinzo
Teñen un presuposto de 13.000 € e as obras durarán un mes

A próxima semana comezarán as obras para arranxar a antiga gabia de distribución do gas, que se atopa afundida na Fase 3 e supón un serio perigo para a circulación.

O parque empresarial de Xinzo de Limia recibe impulso. O Concello conta cun paquete de medidas que van dende a mellora do firme e da seguridade viaria ata a instalación de doce cámaras de seguridade. Así, está previsto que a próxima semana comecen as obras para arranxar a antiga gabia de distribución do gas que se atopa afundida na Fase 3 e supón un serio perigo para a circulación.

Máis en concreto, os traballos centraranse en cesar o bituminoso e aplicar firme asfáltico para deixar o firme ao mesmo nivel. Tamén será necesario adaptar as tapas de rexistro ao novo rasante. A actuación, adxudicada á empresa Explotacións Medioambientais, conta cun orzamento que ascende a 13.205 euros e un prazo de execución dun mes, se ben o executivo local confía en que as obras rematen o antes posible.