Memoria Histórica

2014-03-15 13.37.33
Memoria Histórica
Randín honra ao pobo de Tourém EDELMIRO MARTÍNEZ Veciños galegos e lusos recordaron o sábado día 15 os duros anos da Guerra...

Randín honra ao pobo de Tourém

EDELMIRO MARTÍNEZ

Veciños galegos e lusos recordaron o sábado día 15 os duros anos da Guerra Civil con motivo do acto de agradecemento que, o Concello de Calvos de Randín e a Fundación Lois Peña, organizaron ao pobo de Tourém pola axuda prestada aos centos de republicanos perseguidos polos militares.

Familiares, autoridades, amigos e simpatizantes, celebramos en Tourén un acto máis do roteiro "Luís Soto. Vieiros da Memoria" para homenaxearmos a aquel pobo arraiano polo seu comportamento solidario cos republicanos fuxidos en 1936.

O acto, no que se colocou un monumento de Manolo Seoane, enmarcouse no roteiro "Vieiros da Memoria" de Luis Soto, quen tamén estivo escondido alí.

Ao remate do acto, moitos dos asistentes ao acto, galegos e portugueses, reuníronse nunha comida de irmandade nun restaurante de Montalegre.