8 de julio de 2021, 22:08
O concello de Xinzo sacou a concurso 6 locais que se atopan baleiros na praza de abastos que teñen que ser ocupados con postos de carne ou de peixe.
O prezo do aluguer vai dende os 6,23 €/mes ata os 8,30, dependendo da situación e o tamaño dos mesmos.
O procedemento de licitación e aberto a calquera empresario/a interesado/a e o único criterio de adxudicación e o maior prezo ofertado.
O prazo de concesión será de 10 anos e a fianza definitiva nun dos casos será de 199,46 €
O prazo para presentación de ofertas remata aos 30 días hábiles do anuncio no BOP que foi o 26 de xuño.