Menos coches nas rúas, un parque cuberto e un río máis limpo

Elvira Lama recibiu a alumnado do Rosalía de Castro
Menos coches nas rúas, un parque cuberto e un río máis limpo
Estas son as tres peticións que os nenos de Xinzo lle fan ao Concello
Con motivo, o pasado 20 de novembro, do Día da Infancia, os estudantes do CEIP Rosalía de Castro estiveron traballando en catro principios fundamentais: a non discriminación, o interese superior dos nenos e nenas, o dereito á vida, e a promoción da participación infantil. Por iso, baixo o lema Participamos, o noso dereito, presentaron as súas propostas de mellora para Xinzo. Os pequenos o teñen claro e compartiron coa alcaldesa, Elvira Lama, os seus desexos para o concello. Entre outras ideas, demandan menos coches nas rúas, un parque cuberto e un río máis limpo. A rexedora recibiu aos escolares no seu despacho e comprometeuse a ter moi en conta as súas opinións para mellorar Xinzo de Limia