MERCADONA XA TEN APROBADO O ESTUDO DE DETALLE DO SEU PROXECTO

mercadona2
MERCADONA XA TEN APROBADO O ESTUDO DE DETALLE DO SEU PROXECTO

Outro dos puntos do pleno de hoxe que se esperaba con atención era a aprobación definitiva do estudo de detalle do proxecto para implantación da gran superficie MERCADONA en terreos do polígono.

Deulle a palabra o alcalde ós concelleiros da oposición para que explicaran o seu voto, que neste caso foi de abstención por parte de tódolos membros da oposición e a favor por parte de PP.

Nas súas argumentacións, ninguén dubidaba de que o proxecto, que foi informado positivamente polos técnicos do Concello, que tivera ningún defecto. O que ninguén tiña claro eran os beneficios que podería traer a implantación desta nova superficie no noso Concello, máis ben todo o contrario.

Despois de escoitar a oposición o alcalde tomou a palabra para dicir que o único que se estaba aprobando era o proxecto de estudo de detalle do que será o edificio que se vai a construír, e que cumpre con todas as características esixidas no plan de urbanismo. Nin se está dando a licenza de obra, nin a licenza de apertura, que loxicamente chegará no seu dia e se debaterá.

Con respecto a si é positivo ou negativo, eu solo digo \“que se crearán 35/40 postos de traballo, e se fará unha inversión de tres millóns e medio de euros. Isto non se fai todos os días en Xinzo.

Quedou finalmente aprobada cos votos do PP e a abstención de todos os demais concelleiros.