Se mercas en Xinzo podes ir de cruceiro

171
Se mercas en Xinzo podes ir de cruceiro

Onte comezou a campaña de compras de Nadal en Xinzo. E desta volta, mercar na vila, ten premio.

Setenta establecementos do pequeno comercio uníronse para realizar ofertas aos clientes que acudan a facer as súas compras dende o 15 de decembro ata o 5 de Xaneiro.

Calzado, roupa, froitarías, artesanía, tendas de agasallos, panaderías e ata salóns de beleza participan unidos para sortear, entre todos aqueles que nos acheguemos a facer compras a calquera dos establecementos que teñan o cartel da campaña, un cruceiro.

Por cada compra superior a 10 euros entregarán un cartón co seu selo. No momento en que se consigan un total de 5 selos, xa se pode depositar o cartón debidamente cumprimentado cos nosos datos para o sorteo da viaxe, consistente nun cruceiro polo Mediterráneo para dúas persoas.

172

COMEZO DA NOVA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES

Despois da reunión mantida a semana pasada na casa consistorial, convocados polo concelleiro do ramo Carlos Gómez, un grupo de xoves responsables de establecementos puxeron en marcha esta campaña de Nadal, que se espera sexa o xerme da futura Asociación de Comerciantes que leva mais de medio lustro sen actividade.